|
COMUNICACIÓNS INDUSTRIAIS
Principalmente engloba produtos e solucións pensados para
intercomunicar diferentes sistemas embedded, de automatización
e outros dispositivos tanto industriais coma comerciais. Tamén
son aptos para a xestión de redes de telecomunicacións
e ampliación de portos de comunicación de calquera
dispositivo. Grazas ás diferentes pasarelas é posible
a comunicación mediante multitude de buses diferentes,
ben sexan industriais (RS-485, Fieldbus e outros) ou ben comerciais
(RS-232, Bluetooth ou USB, entre os máis destacados). Solucións
para a conexión por cable e WiFi que permiten a máxima
versatilidade e facilidade de conectividade.
|