|
DISTRIBUCIÓN
AyC ofrécelle o máis amplo abano de produtos informáticos
industriais para a automatización e o control de procesos.
Somos distribuidores dos fabricantes líderes do sector,
para podermos ofrecer solucións de máxima calidade,
durabilidade e ciclo de vida, sen esquecer a importancia de cumprir
co orzamento máis competitivo. Escoitamos as súas
consultas e aconsellámoslle só aquilo que necesita.
Se for preciso, ofrecemos un servizo de busca global para aquel
produto de características máis especiais, esixentes
e diferenciadas que vostede requira e non se encontre entre os
nosos provedores máis habituais, sen esquecer a importancia
da calidade do produto e do servizo.
O material de distribución engloba desde o envío
de material discreto (retail) a sistemas ensamblados, testados
e listos para o seu uso inmediato na aplicación requirida.
O noso servizo de distribución complétase co servizo
posvenda, o que cobre calquera consulta sobre o material adquirido
así como reparacións, substitucións e actualizacións
de equipos en caso necesario.
O obxectivo en AyC é facilitar a elección dos nosos
clientes e proporcionarlles a solución que satisfaga todas
as súas necesidades.
|